
EXPERTOS DO SECTOR AGROGANDEIRO DESTACAN EN OLEIROS A IMPORTANCIA DA COOPERACIÓN PARA PROMOVER A INNOVACIÓN NO AGRO GALEGO
Oleiros (A Coruña), 12 de maio de 2023.- Uns 30 expertos vinculados ao sector agrogandeiro, entre representantes da administración, investigadores e produtores, entre outros, reuníronse hoxe na sede da Fundación Juana de Vega, en Oleiros, para promover a innovación e a transferencia de coñecemento no agro galego. Baixo o lema “Promovendo un AKIS (ecosistema de axentes que contribúen á xeración