Cofinanciado por la Unión Europea. Las opiniones y puntos de vista expresados solo comprometen a su(s) autor(es) y no reflejan necesariamente los de la Unión Europea. Ni la Unión Europea ni la autoridad otorgante pueden ser considerados responsables de ellos.

Actualidade

A MISIÓN BIOLÓXICA ACOLLEU UN SEMINARIO EUROPEO SOBRE A PAC CON ESTUDANTES PORTUGUESES E GALEGOS

230504 Nota prensa MBG 2

Pontevedra, 4 de maio de 2023.- Alumnado e profesorado do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán, así como da Escola Profissional de Agricultura de Marco de Canaveses (Portugal), participaron esta mañá nunha xornada formativa na Misión Biolóxica de Galicia sobre como a Política Agrícola Común (PAC) contribúe á modernización do campo en xeral, e do sector agrogandeiro en particular.

En concreto, un grupo duns 60 estudantes e profesores dos dous centros reuníronse neste centro de investigación agraria, dependente do CSIC e referente en investigación agraria en Galicia, para participar nun seminario organizado polo proxecto. KICAP, unha iniciativa transfronteiriza de Galicia e Norte de Portugal na que participan 14 escolas. O proxecto está promovido pola Fundación Juana de Vega, e está cofinanciado polo Fondo para medidas de información no ámbito da Política Agrícola Común (IMCAP) da Unión Europea.

A xornada comezou cunha benvida a cargo da dirección da Misión Biolóxica de Galicia e de representantes da Fundación Juana de Vega. A continuación, Manuel López Luaces, en representación da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), realizou unha presentación da PAC e dos AKIS, o ecosistema de axentes que contribúen á xeración de coñecemento no agro.

Seguidamente, o alumnado participou nunha biblioteca vivente, un novidoso formato no que os estudantes dialogaron con investigadores agrarios e produtores. En concreto, participaron María del Carmen Martínez Rodríguez, investigadora da MBG-CSIC;

o asesor rural José Crego Labandeira e o produtor de horta Antonio Cabado.

A xornada finalizou cunha visita guiada ás instalacións da Misión Biolóxica de Galicia.

Máis información: https://kicap.eu/

Contacto para medios: 690 100 430

@KICAP #IMCAP #CAP

Facebook
LinkedIn
Twitter
Telegram
WhatsApp
This site is registered on wpml.org as a development site.