O proxecto
O KICAP é un proxecto coordinado pola Fundación Juana de Vega e financiado polo Programa de medidas de información no ámbito da política agrícola común (IMCAP) da Unión Europea (UE).
Despois de varios anos de negociacións e debates, a nova reforma da Política Agrícola Común (PAC) xa foi aprobada e pronto comezará a poñerse en marcha a través de distintas medidas. Os desafíos aos que se enfronta o sector agro-gandeiro evolucionaron moito nos últimos anos e as novas regras da PAC tiveron que adaptarse.
O coñecemento e a innovación xogarán un papel cada vez máis importante axudándolle aos agricultores e gandeiros e ás comunidades rurais a adaptarse a estes desafíos. Pero aínda nos queda moito por facer para crear un entorno propicio para o desenvolvemento e a adopción de innovación e para a valoración do coñecemento existente.
A nova PAC recoñece esta carencia e nos próximos anos será unha fonte fundamental de axuda e apoio para a modernización e a innovación no sector agro-gandeiro e nas zonas rurais en xeral.
Neste contexto, o proxecto KICAP ten como principal obxectivo informar sobre a contribución da Política Agrícola Común á modernización do sector agrícola e ao fomento da innovación que se precisa para asegurar a sostibilidade na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
Os nosos obxectivos
- Informar aos actores do ecosistema de coñecemento e innovación agrícola (AKIS) da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal sobre o obxectivo transversal da nova PAC de modernización da agricultura e das áreas rurais e sobre as medidas previstas.
- Poñer en contacto aos actores claves do AKIS para fomentar a posta en común de coñecementos e innovación no sector agrícola e nas zonas rurais da Eurorrexión
- Abordar e corrixir percepcións erróneas sobre a agricultura e a PAC entre as novas xeracións e os seus profesores
- Concienciar á poboación sobre a importancia da PAC para a modernización da agricultura e as zonas rurais e como isto axuda a abordar os desafíos de sostibilidade e acción climática
Qué imos facer?
O proxecto KICAP traballará durante un ano, organizando distintas actividades e publicacións para divulgar información entre dous grupos claves:
4 seminarios cos axentes do sistema galego-portugués de coñecemento e innovación na agricultura (AKIS galego-portugués).
6 seminarios con mozos e mozas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal das escolas participantes no proxecto.
12 artigos e micro-vídeos divulgativossobre distintos aspectos relacionados co apoio da PAC á innovación e á modernización da agricultura e do rural e como isto contribúe á transición aos obxectivos de sostibilidade.
Que resultados agardamos?
A CORTO PRAZO
- Unha poboación mellor informada sobre as oportunidades que ofrece a PAC para fomentar a innovación, facendo especial énfase nos mozos e mozas das escolas participantes e nos axentes claves do AKIS da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
- Creación de espazos para o diálogo e o intercambio de coñecementos entre axentes clave do sector.
A medio PRAZO
- Un AKIS galego-portugués mellor conectado, o que lle permita aproveitar mellor as sinerxías e as oportunidades que ofrecerá a nova PAC no período 2023-2027.
A longo PRAZO
- Un sector agro-gandeiro galego-portugués modernizado e innovador que poida adaptarse mellor aos desafíos de sostibilidade.