Oleiros (A Coruña), 12 de maio de 2023.- Uns 30 expertos vinculados ao sector agrogandeiro, entre representantes da administración, investigadores e produtores, entre outros, reuníronse hoxe na sede da Fundación Juana de Vega, en Oleiros, para promover a innovación e a transferencia de coñecemento no agro galego.
Baixo o lema “Promovendo un AKIS (ecosistema de axentes que contribúen á xeración e transmisión de coñecemento) eficiente e integrado en Galicia”, celebrouse un seminario organizado polo proxecto. KICAP, unha iniciativa transfronteiriza de Galicia e Norte de Portugal promovida pola Fundación Juana de Vega, e cofinanciada polo Fondo para medidas de información no ámbito da Política Agrícola Común (IMCAP) da Unión Europea.
A xornada comezou ás 10:00 horas coa benvida a cargo de Alfonso Ribas Álvarez, diretor da área de investigación e innovación da Fundación Juana de Vega. A continuación, Tania Gesto Casás, técnica de proxectos de investigación e innovación da Fundación Juana de Vega, realizou unha presentación do proxecto KICAP.
A xornada continuou cunha presentación sobre “O Plan Estratéxico da PAC de España (PEPAC) 2023-2027: as novas medidas para o fortalecemento do AKIS”, a cargo de Cristina Simón Palacios, xefa de área na Subdirección Xeral de Dixitalización e Innovación do Ministerio de Agricultura.
Seguidamente, Natalia Bellostas, directora xerente do INTIA Navarra, expuxo exmplos de boas prácticas, o caso de Navarra, para o fortalecemento do AKIS.
O seminario continuou cunha rolda de preguntas para dar paso a unha sesión de dinámica en grupo sobre os retos e oportunidades do AKIS galego (metodoloxía Lego Serious Play), dinamizada por ENSO Mediación.
Contacto para medios: 690 100 430
@KICAP #IMCAP #CAP