Cofinanciado por la Unión Europea. Las opiniones y puntos de vista expresados solo comprometen a su(s) autor(es) y no reflejan necesariamente los de la Unión Europea. Ni la Unión Europea ni la autoridad otorgante pueden ser considerados responsables de ellos.

Actualidade

SEMINARIO NO POLO DE VAIRÃO SOBRE BOAS PRÁCTICAS PARA IMPULSAR A INNOVACIÓN NO RURAL

AKIS PT

O pasado venres, 26 de maio, expertos no asesoramento ao sector agrogandeiro participaron no Polo de Vairão do INIAV no seminario “PROMOVENDO UN AKIS EFICIENTE E INTEGRADO NO NORTE DE PORTUGAL”.

Esta actividade estivo organizada polo proxecto KICAP, unha iniciativa transfronteiriza entre Galicia e o Norte de Portugal. A iniciativa está promovida pola Fundación Juana de Vega e cofinanciada polos Fondos para medidas de inforamción no dominio da Politca Agrícola Común (IMCAP) da Unión Europea.

O seminario foi inaugurado por Nuno Canada, presidente do Consello Directivo do INIAV, e Alfonso Ribas, director de innovación da Fundación Juana de Vega. A seguir, Tania Gesto, técnica da Fundación Juana de Vega presentou o proxecto KICAP.

A seguinte palestra foi presentada por Ana Maria Ribes, técnica da Rede Rural Nacional, que explicou as novas medidas para o fortalecemento do AKIS no Plan Estratéxico da Política Agrícola Común (PEPAC) para Portugal no período 2023-2027.

Pola súa parte, Ana Pires da Silva, investigadora do INIAV e delegada nacional no SCAR-AKIS, presentou as “Oportunidades para compartir experiencias a nivel europeo”.

O seminario continuou coa presentación do proxecto i2connect, un exemplo de boas prácticas para impulsar a innovación no rural, por parte de Rui Almeida, socio e director operacional de CONSULAI.

Finalmente, e despois dunha rolda de preguntas, o seminario concluíu cunha sesión de traballo interactiva sobre oportunidades e desafíos do AKIS portugués (coa metodoloxía Lego Serious Play) coordinada por ENSO Mediación.

@KICAP #IMCAP #CAP

Facebook
LinkedIn
Twitter
Telegram
WhatsApp
This site is registered on wpml.org as a development site.