Cofinanciado por la Unión Europea. Las opiniones y puntos de vista expresados solo comprometen a su(s) autor(es) y no reflejan necesariamente los de la Unión Europea. Ni la Unión Europea ni la autoridad otorgante pueden ser considerados responsables de ellos.

Actualidade

EXPERTOS GALEGOS E PORTUGUESES DEBATERON ESTE VENRES EN VALENÇA SOBRE COMO MELLORAR A INNOVACIÓN NO RURAL DA EURORREXIÓN

Foto nota prensa

Ese venres, 9 de xuño, máis de 20 expertos no asesoramento ao sector agrícola e gandeiro participaron no CIM Alto Minho de Valença nun seminario sobre “COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA PARA UN RURAL MÁIS INNOVADOR NA EURORREXIÓN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL” .

Esta actividade foi organizada polo proxecto KICAP, unha iniciativa transfronteiriza entre Galicia e o Norte de Portugal na que participan 14 escolas. A iniciativa está promovida pola Fundación Juana de Vega e cofinanciada polos Fondos para accións de información no dominio da Política Agrícola Común (IMCAP) da Unión Europea.

A xornada comezou coa benvida por parte de Alfonso Ribas, director de innovación da Fundación Juana de Vega, e a presentación do proxecto KICAP, a cargo de Tania Gesto, técnica da fundación.

A continuación, Alexandra Catalâo e Carmen Calderón-Gutiérrez, representantes da Comisión Europea, presentaron as prioridades de Bruxelas para o vindeiro período da PAC 2023-2027, e nomeadamente o fortalecemento do AKIS, definido como o ecosistema de creación e transmisión de coñecemento no agro integrado por produtores, centros de investigación, centros de formación, empresas e institucións públicas.

Neste sentido, e como exemplo de boas prácticas para fortalecer o AKIS na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, Lívia Madureira, da Universidade de Tras-os-Montes, preseontou o proxecto AGRILINK.

Tras a quenda de preguntas, o seminario transfronteirizo do proxecto KICAP continuou cunha sesión de traballo interativa sobre oportunidades e desafíos do AKIS galego-portugués (metodoloxía Lego Serious Play), coordenada por ENSO Mediación

@KICAP #IMCAP #CAP

Facebook
LinkedIn
Twitter
Telegram
WhatsApp
This site is registered on wpml.org as a development site.