Oleiros (A Coruña), 21 de abril de 2023.- Alumnado e profesorado do IES Arcebispo Xelmírez II, de Santiago de Compostela, e dos centros portugueses Escola Secundária de Ponte de Lima e Escola Secundária Monserrate participaron esta mañá nunha xornada formativa na Misión Biolóxica de Galicia, en Pontevedra, sobre como a Política Agrícola Común (PAC) contribúe á modernización do campo en xeral, e do sector agrogandeiro en particular.
En concreto, un grupo duns 50 profesores e estudantes desprazáronse a este centro de investigación agraria, referente en Galicia, para participar nun seminario organizado polo proxecto KICAP, unha iniciativa transfronteiriza de Galicia e o Norte de Portugal na que participan 14 escolas, promovida pola Fundación Juana de Vega e cofinanciada polo Fondo para medidas de información no ámbito da Política Agrícola Común (IMCAP) da Unión Europea.
A xornada comezou coa benvida a cargo da direción da Misión Biolóxica e de representantes da Fundación Juana de Vega. A continuación, Manuel López Luaces, en representación da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), realizou unha presentación da PAC e dos AKIS. Seguidamente, o alumnado tivo a oportunidade de participar nunha biblioteca vivente, un novidoso formato no que os estudantes coñeceron de primeira man a experiencia e dialogaron con investigadores e asesores agrarios. En concreto, participaron Mª del Carmen Martínez Rodríguez, investigadora da Misión Biolóxica de Galicia-CSIC, e Amaia Santamarta Benito, asesora rural.
El seminario concluiu unha visita guiada ás instalacións da Misión Biolóxica de Galicia.
Máis información: https://kicap.eu/
Contacto para medios: 690 100 430
@KICAP #IMCAP #CAP