Cofinanciado por la Unión Europea. Las opiniones y puntos de vista expresados solo comprometen a su(s) autor(es) y no reflejan necesariamente los de la Unión Europea. Ni la Unión Europea ni la autoridad otorgante pueden ser considerados responsables de ellos.

Actualidade

ALUMNADO DO IES DE ARZÚA E DO CFEA DE SERGUDE PARTICIPAN NO CIAM DE MABEGONDO NUNHA XORNADA SOBRE A POLÍTICA AGRÍCOLA COMÚN

230427 foto CIAM2

Oleiros (A Coruña), 19 de abril de 2023.- Uns 60 alumnos e profesores do IES de Arzúa e do Centro de Fromación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Sergude participaron este mércores nunha xornada formativa no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) sobre como a Política Agrícola Común (PAC) contribúe á modernización do campo en xeral, e do sector agrogandeiro en particular.

En concreto, un grupo de profesores e estudantes desprazáronse a este centro de investigación agraria, referente en Galicia, e dependente da Consellería do Medio Rrual, para participar nun seminario organizado polo proxecto KICAP, unha iniciativa transfronteiriza de Galicia e o Norte de Portugal na que participan 14 escolas, promovida pola Fundación Juana de Vega e cofinanciada polo Fondo para medidas de información no ámbito da Política Agrícola Común (IMCAP) da Unión Europea.


A xornada comezou cunha benvida a cargo do director do CIAM e de representantes da Fundación Juana de Vega. A continuación, Manuel López Luaces, en representación da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), realizou unha presentación da PAC e dos AKIS. Seguidamente, o alumnado tivo a oportunidade de participar nunha biblioteca vivente, un novidoso formato no que os estudantes coñeceron de primeira man a experiencia de investigadores agrarios e produtores. En concreto, participaron Teresa Moreno e César Resch, investigadores do CIAM; Joan Alibés, asesor agrogandeiro, e Miguel Ángel Roig, produtor de Os Biosbardos.

A xornada finalizou cunha visita guiada ás instalacións do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo

Máis información: https://kicap.eu/

Contacto para medios: 690 100 430

@KICAP #IMCAP #CAP

Facebook
LinkedIn
Twitter
Telegram
WhatsApp
This site is registered on wpml.org as a development site.