Cofinanciado por la Unión Europea. Las opiniones y puntos de vista expresados solo comprometen a su(s) autor(es) y no reflejan necesariamente los de la Unión Europea. Ni la Unión Europea ni la autoridad otorgante pueden ser considerados responsables de ellos.

Actualidade

ESTUDANTES GALEGOS PARTICIPARON ESTE MÉRCORES EN MABEGONDO NUNHA XORNADA SOBRE A POLÍTICA AGRARIA COMÚN

230412 Seminario KICAP CIAM 1

Oleiros (A Coruña), 12 de abril de 2023.- Alumnado e profesorado do IES Monte Neme, de Carballo, así como do centro de promoción rural EFA Fonteboa, de Coristanco, xunto a estudantes do Centro de Experimentación Agroforestal de Becerreá (Lugo), participaron esta mañá na xornada formativa no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) sobre como a Política Agraria Común (PAC) contribúe á moderniazación do rural en xeral, e do sector agrogandeiro en particular.

En concreto, un grupo duns 40 profesores e estudantes desprazáronse a este centro de investigación agraria, referente en Galicia, e dependente da Consellería do Medio Rrual, para participar nun seminario organizado polo proxecto KICAP, unha iniciativa transfronteiriza de Galicia e o Norte de Portugal na que participan 14 escolas, promovida pola Fundación Juana de Vega e cofinanciada polo Fondo para medidas de información no ámbito da Política Agrícola Común (IMCAP) da Unión Europea.


A xornada comezou cunha benvida a cargo do director do CIAM e de representantes da Fundación Juana de Vega. A continuación, Manuel López Luaces, en representación da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), realizou unha presentación da Política Agrícola Común (PAC) e da importancia dos AKIS, os axentes que interveñen na transmisión de coñecemento e na innovación no campo. Seguidamente, o alumnado tivo a oportunidade de participar nunha biblioteca vivente, un novidoso formato no que os estudantes dialogaron con investigadores agrarios e produtores. En concreto, participaron Teresa Moreno e César Resch, investigadores do CIAM; Elena Piñeiro, presidenta da Asociación de Asesores Rurais de Galicia, e Ana Corredoira, gandeira de vacún de leite en ecolóxico.

A xornada finalizou cunha visita guiada ás instalacións do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.

Máis información: https://kicap.eu

Contacto para medios: 690 100 430

@KICAP #IMCAP #CAP

Facebook
LinkedIn
Twitter
Telegram
WhatsApp
This site is registered on wpml.org as a development site.