Oleiros (A Coruña), 18 de marzo de 2023.- Alumnado do centro de formación EFA A Cancela, das Neves, participou este venres 17 en Portugal nunha xornada formativa sobre como a Política Agrícola Común (PAC) contribúe á modernización do campo en xeral e do sector agrogandeiro en particular.
En concreto, un grupo duns 30 estudantes e profesores desprazáronse ao Polo de Inovação do INIAV de Vairão para participar nun seminario organizado polo proxecto KICAP, unha iniciativa transfronteiriza de Galicia e o Norte de Portugal na que participan 14 escolas, promovida pola Fundación Juana de Vega e cofinanciada polo Fondo para medidas de información no ámbito da Política Agrícola Común (IMCAP) da Unión Europea.
Ademáis do alumnado da EFA A Cancela, no seminario tamén participaron estudantes e profesores da escola portuguesa ETAP Vila Praia de Âncora.
O programa incluíu unha conferencia de João Marques, técnico superior do Gabinete de Planeamento, Políticas e Administração Geral (Ministerio de Agricultura e Alimentación de Portugal), que explicou as claves da PAC e os AKIS, o sistema de axentes do sector agrogandeiro (produtores, asesores, investigadores, administración…) que intervén na transferencia de coñecemento e modernización do campo.
Posteriormente, Gonçalo Almeida, coordinador do Polo de Inovação de Vairão presentou o rol do INIAV e do Polo de Vairão, un dos centros de referencia públicos en Portugal en canto á investigación agroalimentaria.
Contacto para medios: 690 100 430
@KICAP #IMCAP #CAP