Cofinanciado por la Unión Europea. Las opiniones y puntos de vista expresados solo comprometen a su(s) autor(es) y no reflejan necesariamente los de la Unión Europea. Ni la Unión Europea ni la autoridad otorgante pueden ser considerados responsables de ellos.

PAC E AKIS

Mapa de apoios á I+D+i no agro

Cofinanciado por la Unión Europea. Las opiniones y puntos de vista expresados solo comprometen a su(s) autor(es) y no reflejan necesariamente los de la Unión Europea. Ni la Unión Europea ni la autoridad otorgante pueden ser considerados responsables de ellos.

Debullamos as liñas de apoio existentes en Galicia e Portugal para innovación no agro. Os fondos oriéntanse en tres liñas principais, as axudas directas para investimentos nas explotacións, as axudas para o desenvolvemento rural e o financiamento de proxectos de I+D+i que buscan solucións a problemas concretos e/ou novas oportunidades

A innovación no agro é un dos obxectivos transversais que guían o novo ciclo da Política Agraria Común (PAC). Europa busca potenciar o Sistema de Información e Coñecemento (AKIS), fortalecendo o traballo e a colaboración entre agricultores, gandeiros, centros de investigación, asesores, cooperativas e todas as entidades orientadas á I+D+i agraria e á prestación de servizos ao sector.

Tres son os piares dos apoios, tanto en Galicia como no caso de Portugal: as axudas directas ás explotacións, as axudas de desenvolvemento rural e o apoio a proxectos de I+D+i no agro desenvoltos por un grupo de axentes.

Axudas directas ás explotacións agrarias en Galicia

Analizamos co subdirector xeral de Explotacións Agrarias da Xunta de Galicia, Nicasio Mejuto, as principais liñas de axudas orientadas ás explotacións, que se adoitan convocar no primeiro trimestre de cada ano:

  • Creación de empresas para persoas agricultoras mozas (Axudas de incorporación ao agro). Tratase dunha axuda a tanto alzado enfocada ao cumprimento dun plan empresarial. Ten unha contía básica de 25.000€ e está destinada a persoas entre 18 e 40 anos que conten coa capacitación e a competencia profesional axeitada, e vaian establecerse nunha explotación por primeira vez como xefes de explotación. 
  • Investimento en explotacións agrarias (Plans de mellora). Trátase dunha serie de apoios para a modernización das explotacións agrícolas en produción primaria. Permite a execución de investimentos materiais e inmateriais que supoñan unha mellora no rendemento global, a competitividade ou a viabilidade da explotación. Requiren un investimento mínimo de 5.000 euros, ata un máximo de 500.000, dos cales se subvenciona entre un 25% e un 50% do total en réxime de concorrencia competitiva. 
  • Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións. Complementaria da anterior, está esta liña de axudas, destinada a pequenas explotacións agrícolas para facer un relanzamento na súa actividade. Trátase dunha axuda a tanto alzado pola correcta execución dun plan empresarial.

Axudas de desenvolvemento rural

  • Investimento en actividades non agrícolas, especificamente para ampliación e modernización. “Esta liña naceu como complementaria ás tres anteriores mencionadas e está encamiñada a diversificar as explotacións e xerar novas actividades; está aberta a outros beneficiarios, como empresas e micro-empresas do rural, persoas físicas ou titulares das propias granxas”, apunta o subdirector de Mobilidade de Terras de AGADER, Alfredo Fernández. Estas axudas destínanse á adquisición de maquinaria e equipamento destinado a actividades non agrícolas co fin de reforzar o tecido empresarial e mellorar así a competitividade. Outro dos obxectivos que procuran estes apoios é a posta en marcha de novas actividades non agrícolas en aldeas modelo declaradas. O importe subvencionado pode chegar ata o máximo do 45%.
  • Axudas dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) de Galicia, ligados á iniciativa Leader, que desde 1991 busca incentivar a competitividade dos territorios rurais por medio de estratexias locais de desenvolvemento. O destino destas subvencións é a proxectos produtivos e non produtivos que deben estar localizados no ámbito territorial de cada GDR. Os beneficiarios destas axudas poden ser persoas físicas ou xurídicas de carácter privado, entidades locais e Mancomunidades. O importe das axudas oscila entre o 15% e o 50% e outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva, seguindo os baremos de cada GDR.

Proxectos de I+D en Galicia

En Galicia, espéranse convocatorias para financiar proxectos de I+D no segundo trimestre deste ano. En concreto, para as seguintes liñas:

  • Proxectos de Grupos Operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI) en materia de sustentabilidade e produtividade agrícola. Este paquete destínase á modernización do sector agroalimentario e forestal en base á innovación e dixitalización no ámbito da agricultura e as zonas rurais. As áreas de actuación definidas son a xestión sustentable de recursos naturais, os sistemas agrarios de produción, o aumento de sustentabilidade e competitividade da cadea alimentaria, a bioeconomía e a aplicación de tecnoloxías da información e comunicación. Poden ser beneficiarios agrupacións de dous ou máis axentes que se asocien para formar un Grupo Operativo da AEI, e poderán optar a unha axuda de entre o 65% e o 100% do orzamento total do proxecto.
  • Proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal. Os beneficiarios son agrupacións de dous ou máis axentes para formar un grupo de cooperación. O obxectivo é a implantación de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías nos sectores agroalimentario, agrícola e forestal. A axuda cobre, como máximo, entre un 65% e un 80% do orzamento do proxecto.

Liñas de apoio á innovación no agro en Portugal

O Plan Estratéxico da PAC de Portugal mantén unha liña similar de apoio á innovación. No caso de Portugal, xa no anterior período da PAC (2014-2020), existiu un Grupo de Traballo Temático de Innovación, co que se buscou promover un ecosistema de innovación en Portugal, con colaboración entre todas as entidades ligadas á innovación.

Este Grupo foi impulsado pola Rede Rural Nacional, unha entidade con participación público – privada que promove a transferencia de coñecemento a través da plataforma Innovación na Agricultura, que durante os próximos anos continuará sendo o portal para a divulgación dos resultados de proxectos e iniciativas innovadoras.

https://inovacao.rederural.gov.pt/

Grupos operativos de innovación

Os proxectos de innovación en Portugal desenvólvense principalmente a través de grupos operativos de innovación. A idea é que estes grupos, constituídos por medio de alianzas entre diversas entidades, dean respostas a problemas concretos ou oportunidades, de xeito que se avance nos obxectivos de sustentabilidade e de aumento da competitividade na produción marcados no Plan Estratéxico da PAC.

Os proxectos piloto que desenvolven estes grupos son claves para verificar o funcionamento de novas prácticas ou tecnoloxías no sector.

Igual que no caso galego, a cooperación é un dos piares dos grupos operativos, pois permiten crear vínculos entre investigación, agricultores, xestores forestais, comunidades rurais, empresas, ONGs e servizos de aconsellamento.

O caso do apoio á redución de gases de efecto invernadoiro na cabana gandeira de Portugal

O Plan Estratéxico da PAC de Portugal para o período 2021 – 2027 inclúe numerosas liñas de apoio á innovación en materia de sustentabilidade ambiental e benestar animal. Unha delas é a das axudas para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro no gando, con apoios de 5 a 25 euros por cabeza, e un 15% máis para aquelas explotacións que conten con asesoramento técnico nas medidas adoptadas.

En concreto, nas explotacións de vacún de carne apóiase principalmente a introdución de plans alimentarios que inclúan aditivos e ingredientes para reducir as emisións.

En leite, prímase ás explotacións que teñan indicadores positivos nos seguintes aspectos:

  • Eficiencia alimentaria: é un parámetro que se mide pola urea en leite, que reflexa a urea en sangue, o que constitúe un indicador de eficiencia alimentaria e, indirectamente, das emisións de gases de efecto invernadoiro e amoníaco.
  • Manexo reprodutivo: aumento do número de días en lactación, anticipación da idade do primeiro parto, aumento do tempo de lactación medio e redución da taxa de descarte.
  • Saúde animal: contabilización de células somáticas.

Axudas directas para a innovación nas explotacións agrícolas

Apoio á instalación de agricultores novos

A falta de relevo xeracional é un problema común en Portugal, Galicia e na maioría das zonas agrarias en Europa. Para contrarrestalo, Portugal tamén mantén unha liña específica de axudas para instalación de agricultores novos, con apoio aumentado para as mulleres que queiran instalarse no agro.

Investimentos en explotacións agrícolas

É unha liña de apoios similar á galega de plans de mellora. O obxectivo é apoiar investimentos destinados a mellorar o desempeño e viabilidade das explotacións, así como a introducir métodos innovadores e mellorar a sustentabilidade ambiental.

En especial, búscase apoiar un uso eficiente da auga, incluíndo a mellora de infraestruturas de rega, o emprego de enerxías renovables ou métodos de aforro enerxético, a mecanización e as melloras ambientais (biodiversidade, valores naturais, etc.).

Ademais, existe outra liña específica de axudas para investimentos asociados á instalación de novos agricultores.

Outras liñas comúns en Galicia e Portugal son as de apoios para investimentos na transformación e comercialización de produtos agrícolas, ou os apoios ao investimento en maquinaria forestal. 

Foto artigo I+D+i
Facebook
LinkedIn
Twitter
Telegram
WhatsApp
This site is registered on wpml.org as a development site.