Cofinanciado por la Unión Europea. Las opiniones y puntos de vista expresados solo comprometen a su(s) autor(es) y no reflejan necesariamente los de la Unión Europea. Ni la Unión Europea ni la autoridad otorgante pueden ser considerados responsables de ellos.

PROXECTO KICAP

O KICAP é un proxecto coordinado pola Fundación Juana de Vega e financiado polo Programa de medidas de información no ámbito da política agrícola común (IMCAP) da Unión Europea (UE).

Ten como principal obxectivo informar sobre a contribución da Política Agrícola Común á modernización do sector agrícola e ao fomento da innovación que se precisa para asegurar a sostibilidade do sector agrícola e das zonas rurais da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Para iso estamos a organizar unha serie de seminarios e actividades de divulgación dirixidas a dous públicos principais:

– Os axentes do sistema galego-portugués de coñecemento e innovación na agricultura (AKIS galego-portugués).

Mozos e mozas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal das escolas participantes no proxecto.

Promovendo o coñecemento e a innovación nas áreas rurais da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal co apoio da PAC

Qué imos facer?

Catro seminarios cos axentes do sistema galego-portugués de coñecemento e innovación na agricultura (AKIS galego-portugués).

Seis seminarios con mozos e mozas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal das escolas participantes no proxecto.

Doce artigos e micro-vídeos divulgativos sobre distintos aspectos relacionados co apoio da PAC á innovación e á modernización da agricultura e do rural e como isto contribúe á transición aos obxectivos de sostibilidade.

PARTICIPANTES

O proxecto KICAP está coordinador pola Fundación Juana de Vega, unha organización que traballa día a día con diferentes empresas e institucións co fin de promover o coñecemento, conservación e desenvolvemento do medio rural de Galicia.

logo fundacion juana de vega
Logo cofinanciado europa

ACTUALIDADE KICAP

Noticias e novos contidos

This site is registered on wpml.org as a development site.